A Mesa cre que a enquisa de Sondaxe para a Xunta é unha argucia contra a manifestación do 23F

O colectivo critica que o Goberno relativice os problemas do idioma propio -que por vez primeira é minoritario no país segundo a enquisa oficial do Insitituto Galego de Estatística- en base a unha enquisa alternativa a unha empresa privada, Sondaxe, do Grupo Voz.


|

Roda de prensa de Queremos Galego
Roda de prensa da Mesa pola Normalización

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, lamentou que a Xunta "concentre os seus esforzos" en "contratar un estudo comercial" que "desminta" a realidade ofrecida polos datos sobre a situación do galego publicadas polo IGE para engadir "opinións non fundadas por dato ningún".

Así contestou á sondaxe, encargado pola Xunta a Sondaxe, a empresa demoscópica do Grupo Voz que se presentou o xoves na Cidade da Cultura e que recolle que o 53,6% das familias galegas que se comunican habitualmente tanto en galego como en castelán consideran que non hai ningún idioma discriminado en Galicia.
 


"É inmoral que no canto de pór todos os recursos da Xunta en conseguir que o galego estea en todos os espazos e para todos os usos, o Executivo galego dedíquese exclusivamente a fabricar unha realidade alternativa para evitar a mobilización social que se produce nos plenarios de 'Queremos Galego' e será visible o 23 de febreiro en Compostela", criticou. 
 

 

 

 

 


A continuación, subliñou que ningún "estudo alternativo" - en refernecia a 'Enquisa Percepción Social do Galego', realizado por Sondaxe,-  pode "ocultar a evidencia, que a incapacidade de usar o galego "é inédita na historia de Galicia, que o ensino restrinxe o uso do galego e que estea excluído nos servizos públicos e comerciais, na oferta audiovisual ou na xustiza".

"Con este estudo comercial, Xunta e PP pretenden xustificar as accións contra a lingua", engadiu, á vez que apuntou que haberá unha "contestación nas rúas" coa manifestación do 23 de febreiro.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE