Triángulo de Amor Bizarro, Fillas de Cassandra e A Cadela Branco, entre os concertos do programa do San Froilán 2024
A máis popular das celebracións lucenses celebrarase entre os días 4 de outubro e 12 de outubro. Ademais dos tradicionais actos relixiosos do 5 de outubro e do domingo dás mozas, haberá concertos de destacados grupos galegos e do resto do estado.
O grupo galego Triángulo de Amor Bizarro súmase ao cartel das festas de San Froilán xunto a Fillas de Cassandra, A Cadela Branco e Club do Río.
Así o anunciou este mércores a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, que detallou que a actuación deste grupo, que celebra a súa xira de 20 aniversario, será o 10 de outubro ás 23.00 horas na praza de Santa María.
Esta é a cuarta confirmación do cartel destas festividades e súmase a Fillas de Cassandra (4 de outubro, 22.00 horas, Horta do Seminario), A Cadela Branco (4 de outubro, 23.00, Santa María) e Club do Río (7 de outubro, 21.00, Santa María).
Escribe o teu comentario