O Festival de Ortigueira aposta por unha edición "máis feminina" coa muller como protagonista

O festival, que arrinca o próximo 11 de xullo, ten varias bandas compostas por artistas femininas na súa totalidade.


|

F coF3YXEAAPddB
Foto: Kinnaris Quintet

 

Hoxe deuse a coñecer o fallo da RAG que propón dedicar o próximo 17 de maio, Día dás Letras Galegas, ás cantareiras e ao cancionero popular do país. A tradición, transmitida de boca a boca, chega até os nosos días grazas ao labor destas gardiás da cultura, ás que tamén rende homenaxe o Festival de Ortigueira, un evento comprometido coa igualdade e coa aposta polas voces femininas dentro da cultura e o folclore. 

 

 

 

Para a próxima edición, que arrinca o 11 de xullo e prolongarase até o domingo 14, o Festival incorporou até tres grupos internacionais compostos integramente por mulleres, unha decisión que non fai máis que subliñar a iniciativa que desde hai anos é un dos selos do festival, que busca recoñecer a "as artistas femininas en xéneros musicais tradicionalmente dominados por homes".

 

 

 

"Scottish Fish -chegan desde Bostón o día 11 a Ortigueira-, Kinnaris Quintet -procedentes de Glasgow farán as delicias do público coa súa enerxía o día 12- e Fillas de Cassandra -o dúo vigués é unha revolución na música galega e cegarán tamén o venres 12 de xullo- deleitarán coa súa música ao público da Alameda no evento máis multitudinario da música celta e folk en España", apunta a organización, que destaca as "novas perspectivas e estilos" que achegan as visións destas artistas, senón tamén o seu valor con exemplo para "futuras xeracións". 


"Xa o propio cartel desta edición presentado no mes de marzo e deseñado por Jorge Arteaga, salienta o papel protagonista da muller na música folk e celta coa ilustración dunha gaiteira", achegan desde o festival, que incide no "impacto das mulleres que están a transformar a escena". 

 


"Ademais, desde a semana pasada unha 'punkiereteira' dá a benvida aos visitantes da vila Ortegana cun mural de aproximadamente 260 metros cadrados, creado por Lidia Cao, muralista de Ordes, e Cristian F. Caruncho, debuxante de Couzadoiro", pecha a organización. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE