A Raíz "ficha" a The Rapants para a súa xira de volta aos escenarios

A banda muradá acompañará á mítica formación valenciana no seu regreso o próximo 2025 con concertos na Coruña e Avilés.


|

The Rapants 2 © Andrea Freckleseye (1)
The Rapants

 

Os fans da Raíz están de parabén polo regreso dos valencianos aos escenarios. Unha volta que terá lugar en 2025 tras varios anos de seca e que contará cun acompañamento moi especial nalgúns concertos, xa que The Rapants, unha das bandas sensación do panorama musical galego, encargarase de quentar ao público antes das funcións da Raíz. 

 

Desta forma, muradáns e valencianos danse a man con 'A máquina do bo rolo', último LP dos galegos, como carta de presentación nunha xira que xa conta cunha data na Coruña, o próximo 22 de marzo, e en Avilés , o 26 de abril, citas ás que se apuntaron os rapantes e que terán as súas entradas á venda o vindeiro xoves 13 de xuño a partir das 10 horas. 

 

 

No entanto, folga dicir que non hai que esperar ao 20 aniversario da Raíz para escoitar en directo a The Rapants. Tras a súa estrea na Sala Capitol, The Rapants paseouse polo Festival TerraCeo, o Festival de Cans ou el Ouren Sound Fest, recintos nos que deixou un moi bo sabor de boca. Agora, a cita máis indmediata é este mesmo fin de semana en Pontevedra co Surfing The Lérez como evento no que plantar a súa bandeira.

 

 

Sorrías Baixas, Resesas, Osa do Mar ou PortAmérica son algúns dos festivais que se subirán a 'A máquina do bo rolo' este mesmo verán, ademais de concertos programados en senllas festas da Estrada, Carballo ou Cambados

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE