Avance Resesas 2024: Narco, Talco, Fillas de Cassandra, Tanxugueiras, O Adhesivo, Dubioza Kolektiv...

O festival de Vilaxoán regresa o próximo setembro, do 12 ao 15, e o primeiro avance do seu cartel deixa ás claras a calidade da proposta.


|

WhatsApp Image 2024 02 29 at 13.02.32
Fillas de Cassandra, Dubioza Kolektiv, O Adhesivo e Tanxugueiras

 

Preparado para deixar os pés dando saltos, para os pogos, para suar até a última pinga? Si? Pois entón estamos listos para unha nova edición do Festival Resesas, que para este 2024 promete celebrar unha das súas edicións máis rompedoras con artistas internacionais, nacionais e do país, todos de primeiro nivel e todos dispostos a pór patas para arriba Vilaxoán, que xa agarda impaciente a que a música volva soar no parque de Dona Concha. 

 

Os ACENOS DE IDENTIDADE DO REVE

Nun primeiro avance do que está por vir, o Reve, que xa ten os seus abonos á venda na súa web, anunciou algúns das cabezas de cartel, como Tanxugueiras e Fillas de Cassandra. Tanto o trío de pandereteiras como o dúo olívico coincidirán no escenario a beiras da ría de Arousa e recibirán o agarimo dun público, o do Resesas, que sempre mostrou especial predilección polos artistas locais. 

 

No caso de María SOA e Sara Faro, que veñen de estrear o seu novo show 'Últimas Dionisiacas', nunca esconderon o seu desexo de regresar a Vilaxoán, onde gardan un gran recordo ao consideralo como o lugar onde puideron "pechar o círculo". "Hai pouco falabamos con xente da organización e antes de que abrísemos a boca xa nos dixeron: ‘Sabemos que se vos quedou pequeno o escenario’. Pero foi perfecto así", comentaban recentemente a Galiciapress .

 

 

Non estarán soas, xa que o Reve contou sempre coas bandas da escena galega. Lontreira -formación de Héctor Rodríguez, Adri Cores e Iván Barral- e Loita Amada -novo proxecto de Jasper, ex de NAVE- súmanse a esta edición do Reve coas súas novas propostas 

 

DE OESTE A LESTE, DE NORTE A SUR, DE AQUÍ E DE FÓRA...

Outro aceno de identidade do Resesas foi sempre a aposta polos artistas internacionais. Nesta ocasión, chegan desde o Mediterráneo, aínda que desde distintos puntos: desde Italia Talco; desde Bosnia e Herzegovina Dubioza Kolektiv. Formacións irreverentes que regresan a terras galegas e que prometen dar moito xogo como sempre co seu ska desenfadado.

 

Primeiras confirmaciou0301ns

 

As outras confirmacións veñen constatar que no Resesas miran cara aos catro puntos cardinais do territorio: desde o norte chegará a formación euskalduna ETS (En Tol Sarmiento), desde o leste O Adhesivo, na súa xira de despedida, Serial Killerz e a Balkan Paradise Orchestra co seu dez instrumentistas, e desde o sur Narco, mítica banda de rap metal.

 

Por outra banda, o Resesas reafirma neste avance "o seu compromiso coa paridade de xénero, coa presenza de varias bandas integramente femininas e doutras con músicas e cantantes na súa formación". Con estes ingredientes, está todo a punto para ofrecer un festival como poucos. E aínda non estamos todos. Falta moito que anunciar. Se isto era o entrante, esperade a ver o resto de menú...

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE