'Raposa', de Nebulossa, soará no Atlantic Pride máis Eurovisivo xunto a Lucía Pérez, As Ketchup ou 'Rosa de España'
Catro confirmacións e catro exparticipantes no Festival da Canción de Eurovisión, entre elas a candidatura de España para 2024.
Con todo o orgullo do mundo, Nebulossa sairá ao escenario o próximo mes de maio en Malmö, onde se celebrará Eurovisión 2024. A proposta de España para esta edición é tan rompedora como desafiante e controvertida. Elementos que, por outra banda, caracterizan ao Atlantic Pride, outro festival ben orgulloso que regresa este verán á cidade da Coruña, onde soará a eurovisiva 'Raposa', pero tamén outros temas que xa soaron no festival continental.
O FESTIVAL MÁIS EUROVISIVO
Nebulossa chegará á cita coa experiencia de competir e, quen sabe si gañado, o festival da canción, onde chega despois de proclamar gañadora do Benidorm Fest 2024. Pero Nebulossa non é a única confirmación do Atlantic Pride, que se celebrará do 7 ao 14 de xullo.
Por ese escenario, ademais do dúo formado por María Bas e Mark Dasousa -que actuarán o sábado 13 de xullo-, desfilarán Rosa López, talvez máis coñecida como 'Rosa de España', As Ketchup e Lucía Pérez, todas elas artistas de relumbrón e exparticipantes en Eurovisión.

Polo festival herculino, que só o ano pasado reuniu a máis de 100.000 espectadores, pasarán moitos máis artistas e bandas que se confirmarán nas próximas datas, pero poucos poden presumir de contar no seu cartel con catro representantes de España en Eurovisión: Rosa López -2002, 7ª clasificada con con 'Europe's living a celebration'-, As Ketchump -2006, 21ª clasificadas con 'Un Blodymary'- e Lucía Pérez -2011, 23ª clasificada con 'Que me quiten o bailao' e primeira galega en Eurovisión-.
Escribe o teu comentario