Os mellores plans de Galicia para finalizar a semana
Museos, exposicións, concertos, maxia, festas... Descobre con Galiciapress os mellores eventos culturais deste fin de semana na comunidade galega
Visita á exposición Relatos contemporáneos: En Museo Centro Gaiás ofrece visitas culturais ao redor da exposición 'Traballo en equipo. 30 anos do CGAC. Relatos contemporáneos desde a Colección CGAC', unha mostra celebrada na Cidade da Cultura con motivo do 30 aniversario do museo compostelán. Unha destas visitas terá lugar este sábado ás 12:00 na primeira planta do museo, e estará conducida pola historiadora da arte Verónica Santos Farto.
Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela: Estas xornadas que se desenvolverán durante o fin de semana en Santiago integran 16 actividades e 20 participantes, abordando os lazos entre literatura e Compostela a través de tres obras vertebradoras: Trece badaladas, de Suso de Toro; Enfermas, de Roberto Vidal Bolaño e Seis poemas galegos, de Federico García Lorca. En palabras do propio organizador da obra, Daniel Chapela, "é unha homenaxe literaria a obras e figuras cun forte impacto na cidade, tendo en Vidal Bolaño e na súa pulsión teatral o mellor exemplo".
Maxia, misterios e outras historias: O ilusionista Óscar Fernández permitiranos este sábado entrar neste mundo, onde a maxia e o humor non deixarán indiferente a ninguén. O seu espectáculo, dirixido principalemente ao público infantil, terá lugar ás 19:00 no Forum Metropolitano da Coruña.
Orgullo dá nosa lingua: Este fin de semana será a nosa última oportunidade para visitar a exposición 'Orgullo dá nosa lingua', na localidade pontevedresa de Marín. Estará situada até este domingo fronte á casa consistorial, no Paseo Avenida de Ourense, e consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor, riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar á cidadanía a falalo. Tras o paso por Marín , esta exposición será trasladada durante toda a semana que vén a Redondela .
Festa dá Faba de Louenzá: Durante este fin de semana a localidade lucense de Lourenzá será testemuña dunha das súas festas máis importantes, que destaca as súas variedades de faba. Este tipo de faba comercialízase seca e separada da súa vaina, enteiras e limpas. Desde 1990 é un gran encontro de produtores, compradores, tratantes e consumidores e xoga un importante papel na súa promoción.
Funkiwis: Esta banda valenciana de funk-rock fundada en 2012 e con estilo propio destacado polo seu eclecticismo actuará este sábado ás 21:30 en Máster Club en Vigo . As letras da música deste grupo destacan pola súa crítica social sólica e coa mensaxe moi clara, envolvidas no marco dunha música festivo-rockeira, claramente influenciada por bandas míticas como RATM, Red Hot Chilly Peppers, Billy Talent ou Berri Txarrak e Ou'Funkillo.
Pölisong: Este grupo nace en Ferrol en 2011 tras o encontro de catro apaixonados polo rock and roll. Este sábado poderemos gozar da súa música, influenciada por lendas como #AC/DC, Led Zeppelin ou Bad Company, moi preto da súa cidade de nacemento, concretamente na localidade de Pontedeume, onde nos compartirá a súa música a partir das 23:30 na Sala Guión.
Arte efémera para toda unha vida. Cuestións sobre a tatuaxe: O festival Arteficial celebra a súa edición XVII no conxunto histórico da vila de Ribadavia, onde acolle unha exposición buscando xerar un espazo de difusión, reflexión e visibilidade, neste caso para unha arte plástica singular, a tatuaxe. Poderá visitar até o próximo 28 de outubro.
Escribe o teu comentario