Axuda para atopar a Laura Fernández Iglesias, muller de 34 anos desaparecida na Coruña
A muller, de 1,62 metros de altura e pelo castaño, reside na cidade herculina, onde reportaron a súa desaparición.
#SOS Desaparecidos solicitou a colaboración cidadá para localizar a unha muller que falta do seu domicilio na Coruña desde o pasado día 14.
Segundo explica, trátase de Laura Fernández Iglesias, de 34 anos, 1,62 de estatura, complexión normal, pelo castiñeiro e ollos do mesma cor.
Explica, ademais, que se trata dun caso de alta vulnerabilidade para o que pide colaboración e pon a disposición tanto a súa mail info@sosdesaparecidos.es como os teléfonos 649 952 957 e 644 712 806.
Escribe o teu comentario