Antonio Hidalgo espera máis fichaxes para a súa Dépor, pero o mellor agasallo é a continuidade de Yeremay

Sporting de Lisboa e Barça seguen a pista ao mediapunta canario.


|

Yeremay du00e9por
Foto: EP

 

Este venres Antonio Hidalgo chegou á rolda de prensa coa carta escrita aos Reis Meigos. De momento, Papá Noel xa lle trouxo a un porteiro, Álvaro Fernández, e a un defensa, Altimira. O re vermello portouse ben co Deportivo da Coruña, pero aos Reis Meigos en Riazor pídenlle algo moito máis importante: reter a Yeremay até final de curso e, a poder ser, un detallito co que porlle a guinda ao mercado de inverno.

 

 

SEN OCO PARA MÁIS FICHAXES

O Dépor vén de pechar un 2025 ilusionante pero nun mal momento de xogo e de foma, a pesar de dar a badalada en Copa do Rei e haber coado en oitavos de final. Hidalgo sabe que fai falta a mellor versión dos branquiazuis para poder alcanzar o obxectivo do ascenso e, para iso, non lle viría mal algún que outro reforzo que poida dar un salto de calidade ao persoal.

 

"Estamos atentos a calquera tipo de situación", manifestou o preparador ao ser preguntado por máis contratacións no que resta de xaneiro. Até agora foron moitos os nomes que se relacionaron coa actualidade deportivista, como Antonio Cordero ou Dani Rodríguez, pero a realidade é que, agora mesmo, habería que recorrer ás mañosas mans da xente de Camariñas para cumprir cos desexos do míster, pois é necesario facer encaixe de palillos coa cantidade de fichas do persoal. 

 

 

"Temos unha cantidade grande de xogadores e nalgunhas posicións dobradas ou triplicadas. Estou contento co persoal que temos", apuntou o ex de Sabadell ou Huesca, que tamén convidou a ser pacientes e ver "o que sucede" no que queda de mes.

 

 

 

A CONTINUIDADE DO 10

Un mes ao que, sobre todo, pídelle que non haxa sobresaltos. Yeremay, a gran baza do Dépor, é obxecto de desexo de moitos equipos. O Sporting de Portugal segue sendo o que máis poxa polo canario, que viu como o seu valor de mercado disparábase na última actualización do portal especializado Transfermarkt. No entanto, á lista de pretendentes sumouse nas últimas semanas o Barça, que conta con moi bos informes do mediapunta.

 

 

O canario encaixaría á perfección na nómina de talentos do cadro culé, pero tamén chegaría para dar refresco a Dani Olmo ou Fermín, futbolistas que nestes momentos péchanlle o paso. Con todo, Flick podería recolocalo noutra zona do campo, e unha saída -ou a imposibilidade de fichar a Rashford- podería facerlle gañar enteiros. 

 

Yeremay y mella
Foto: EP

 

Outra dificultade engadida é a realidade económica do conxunto culé. Hoxe é impensable que se lancen a pagar ou a achegar aos 50 millóns de euros que pide o Dépor pola súa xoia. A clausula é inasumible en Can Barça, onde se inclinan a esperar ao verán, confiando en que o Dépor non logre o ascenso e poida rebaixar as súas pretensións, coa esperanza de que o propio Yeremay empuxe para saír. En calquera caso, non parece que ese escenario poida dar este mes e só unha oferta mareante podería afastalo de terminar o ano en Riazor. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE