O Goberno esixe a Torrent un candidato "sen contas pendentes coa Xustiza"
Méndez de Vigo explicou que é a Mesa do Parlament á que lle corresponde "buscar solucións"
O portavoz do Goberno, Iñigo Méndez de Vigo, cre que o presidente do Parlamento catalán, Roger Torrent, é o que debe propoñer un novo candidato que "non teña contas pendentes coa Xustiza".
Explicou que é á Mesa do Parlament á que lle corresponde "buscar solucións", co fin de confirmar que o Executivo se guiará polo informe dos letrados da Cámara autonómica sobre se corren ou non os prazos tras aprazarse a investidura.
"Estaremos ao que digan os letrados do Parlament, que son os que mellor coñecen a cuestión. Están a elaborar un informe e serán eles os que digan cal é o camiño para seguir", declarou Méndez de Vigo.
Neste sentido, o portavoz do Executivo sinalou que non se plantexan pedir un informe aos servizos xurídicos do Estado sobre esta cuestión, co obxectivo de aclarar se corren xa os prazos ou hai que esperar a que se produza unha votación de investidura no Parlament.
Doutra banda, Méndez de Vigo apelou á "responsabilidade" e á "cordura" para deixar atrás a "desobediencia sistemática ás resolucións dos tribunais e a vulneración das leis", destacando que está en mans do presidente do Parlamento catalán propoñer un candidato "sen contas pendentes coa xustiza".
Para máis información, continúe lendo en catalunyapress.es
Escribe o teu comentario