O xuíz de Angrois cita como investigados a dous cargos máis de Adif
Tamén chama a declarar en marzo a varios técnicos como testemuñas e a catro expertos en calidade de peritos.
O xuíz que investiga o accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois citou como investigados a dous cargos máis de Adif: o xerente da área de seguridade na circulación do noroeste, Fernando Rebón Sartal, e ao xefe de inspección desta xerencia, José Antonio García Díez.
Nunha providencia con data de este xoves 1 de febreiro á que tivo acceso Europa Press, cítaos para declarar o próximo día 7 de marzo ás 9,30 e ás 11,30 horas, respectivamente.
Ademais, o instrutor da causa cita como testemuñas a varios técnicos da unión temporal de empresas que conformaron Thales e Dimetronic (actual Siemens) para fornecer o sistema de sinalización e control da liña na que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas, a un de Bombardier e a dous cargos de Renfe.
Por último, determina que debe recibirse declaración como peritos ao experto Ángel Luís Sanz Cubero e a Pilar Calvo Holgado, que realizaron informes encargados polo avogado do maquinista, así como a Antonio Puyol Gómez e Esther Mateo, que fixeron o propio para Adif.
Escribe o teu comentario