​Composcleta pídelle ao alcalde de Santiago apoio para reducir accidentes con ciclistas

Solicitan que o concello presione ao Congreso e siga avanzando en medidas de regulación do tráfico.


|

Bicicletaciudad


A Asociación Cívica Composcleta de Santiago, que promociona o uso da bicicleta en diversos tipos de actividades, preséntalle este venres unha carta ao alcalde da capital galega para pedir apoio á reforma do Código penal en materia de tráfico, tras coñecer o aumento dun 2,9 por cento no número de ciclistas falecidos en 2017, o que equivale a 11 vítimas mortais máis.


No escrito, facilitado aos medios, pedirálle que o Concello de Santiago lle solicite ao Congreso a "atención ás demandas" que xa realizaron as diferentes asociacións en defensa da bicicleta ata o momento, así como a adopción de medidas de redución da velocidade no tráfico, control de vehículos e condutores e desenvolvemento de infraestruturas seguras.


A solicitude de reforma da Lei de Seguridade Viaria para reducir as vítimas de sinistros en vías interurbanas foi presentada ante a Cámara Baixa o 16 de outubro de 2017 pola asociación Stop Accidentes, que presta axuda e orientación aos afectados por accidentes de tráfico.


Nun comunicado, ConBici, coordinadora en defensa da bici, asegurou que a Seguridade Viaria "deixou de ser un asunto de estado" nos últimos anos, xa que houbo unha "relaxación nas políticas" en materia de seguridade, agravadas por "recortes nos medios humanos da Garda Civil" e pola "redución do investimento en infraestruturas".


Así mesmo, a entidade, integrada na Mesa Española da Bicicleta, tamén solicitou a reforma do Regulamento de Circulación e do Regulamento de vehículos e de condutores, para "adecualos a unha nova realidade" na que prime "a seguridade de todos" e, especialmente, a "atención aos colectivos vulnerables".


relacionada Santiago quere ser amigable para os usuarios das bicicletas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE