Unha placa na súa casa natal recoradará a Moncho Valcarce
O alcalde Xulio Ferreiro cualifícao como "símbolo das voces pequenas que se unen e se fan escoitar".
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reivindicou o labor de quen traballou "en defensa das liberdades" durante o descubrimento dunha placa en homenaxe a Moncho Valcarce, o 'Cura das Encrobas', ante a que foi a súa casa natal na rúa da Franxa.
O acto, que coincidiu co 25 de aniversario do falecemento do homenaxeado, contou coa participación de representantes da Irmandade Moncho Valcarce, que solicitou a colocación do distintintivo, ademais de concelleiros da Corporación municipal.
Do homenaexado, coñecido pola súa loita en defensa das clases populares e tamén do galego, destacou que se trata dun "símbolo das voces pequenas que se unen e se fan escoitar sobre as grandes, da defensa das liberdades e da reivindicación dos dereitos fronte á represión".
Por outra banda, subliñou que o acto se celebre un día despois de que se constituíse, no Concello da Coruña, o Consello Municipal da Memoria Democrática, órgano do que dixo que traballará pola "verdade, a xustiza e a reparación, así como garantir o cumprimento da Lei de Memoria Histórica".
Escribe o teu comentario