A capital galega recibe medio millón de euros para o emprego xuvenil

Empregaranse no novo programa 'Impulsa', implicado no sector das Tecnoloxías e a Comunicación


|


Concello santiago


A concelleira de Igualdade, Desenvolvimiento Económico e Turismo, Marta Lois, informou hoxe en rolda de prensa sobre unha nova subvención destinada a un programa de emprego xuvenil. Consta de 526. 564 euros procedentes de fondos europeos e canalizados polo Ministerio de Emprego. 


Marta Lois destacou o esforzo das administracións locais por "mellorar o emprego" da capital galega, aínda que "a competencia directa" para facelo non lles corresponda.


Esta última subveción súmase ao millón e medio de euros que se destinou o ano pasado ao plan de "Mocidade con Emprego", tamén ligado ao emprego xuvenil, "unha das grandes preocupacións" dos veciños santiagueses. En total, as axudas suman 2 millóns de euros que permitirán formar a "máis de 400 mozos, o que contribuirá á súa incorporación laboral en sectores estratéxicos".


O Plan Xuvenil de cualificación profesional 'Impulsa' busca mellorar a empleabilidad de 85 persoas no sector das Tecnoloxías  e a Comunicación a través de cinco itinerarios formativos, que contan con 17 prazas e ofrecen un certificado profesional de nivel 3. 


O programa estará destinado a persoas de entre 16 e 30 anos inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil e que dispoñan, como mínimo, de Bacharelato. Terá inicio a finais de marzo e principios de abril.

relacionada Martiño Noriega defende a pancarta en favor da sanidade pública
relacionada ​O Día Escolar pola Paz chega a colexios e ao pleno municipal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE