​Lactalis estima un custo de "centos de millóns" polo escándalo da salmonella

|

Lactalis


O escándalo do leite infantil fabricado por Lactalis contaminada coa bacteria da salmonella podería chegar a custarlle á compañía francesa "varios centos de millóns", segundo indicou o conselleiro delegado da empresa, Emmanuel Besnier, nunha entrevista co xornal Les Echos.


"Non se pode dicir definitivamente, pero será moi oneroso. Varios centos de millóns de euros", recoñece o máximo executivo de Lactalis, sinalando que se tomou a decisión de "clausurar definitivamente" as instalacións de secado onde se detectou a contaminación.


Neste sentido, Besnier apunta o risco de que Lactalis poida ver retirada a súa autorización para exportar durante un período indeterminado.


Así mesmo, o conselleiro delegado de Lactalis recoñeceu que a compañía se enfronta a numerosas reclamacións, aínda que non ofreceu máis detalles. Hai un mes, o grupo lácteo ofrecíalles unha compensación económica aos afectados pola salmonella.


Desde Galicia, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, alertou hai dúas semanas do "efecto comercial" desta crise. Con todo, non cre que o que pasou coa planta francesa lle afecte á de Vilalba, ao considerar que o custo económico para o conxunto do grupo non será notable.


relacionada Afectarálle a crise do leite contaminado de Lactalis á planta de Vilalba?
relacionada Lactalis, no punto de mira por novos casos de salmonelose
relacionada ​Lactalis retira lotes de leite en po e papillas para lactantes por casos de salmonelose
relacionada UUAA ratifica a súa denuncia contra Lactalis por "apropiación indebida"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress