Lactalis, no punto de mira por novos casos de salmonelose
O bebé infectado no País Vasco puido contaxiarse por unha mostra entregada por un pediatra.
Un bebé afectado por salmonela no País Vasco puido contaxiarse por unha mostra gratuíta de leite infantil entregado polo seu pediatra, segundo a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN), pertencente ao Ministerio de Sanidade.
O Instituto Pasteur de París confirmou este venres o primeiro caso en España dun bebé con salmonelose por inxerir leite contaminado de Lactalis.
Con todo, o Departamento de Saúde do Gobierno Vasco afirmou que, no caso do lactante afectado por unha gastroenterite por Salmonella atendido o pasado mes de decembro no hospital de Cruces, non se puido confirmar "a relación directa e inequívoca co leite" infantil fabricado polo grupo Lactalis de Francia.
O escándalo do leite infantil contaminado de Lactalis facía semanas que levaba sendo noticia no país galo, onde se confirmaron 36 casos de contaxio.
NINGÚN CASO MÁIS
Segundo AECOSAN, a empresa está a finalizar a retirada dos lotes e o seu destino final será a destrución nun xestor autorizado. Ademais, a asociación explica que non publicou na súa web o dito caso debido a que se descoñece o produto e lote da citada mostra, actuando de acordo cos protocolos de comunicación de risco á poboación utilizados en rede de alerta.
"Só se informa cando se coñecen os datos do produto e lote implicados para evitar que os consumidores que poidan telo nos seus domicilios o consuman", aclara.
Doutra banda, Sanidade asegura que as autoridades do País Vasco confirmaron que non se produciu ningunha nova incidencia tras o caso comunicado en decembro.
EMPRESA "POUCO DE FIAR"
Lactalis é o maior grupo lácteo francés e un dos maiores do mundo. O grupo alegou que ignoraraba a prohibición de vender os seus leites maternos infectados con salmonela, pesar de que os primeiros casos apareceron xa en decembro de 2017.
O ministro de Economía, Bruno Le Maire, acusou ao grupo Lactalis de ser unha empresa "pouco de fiar" e anunciou severas sancións pola súa "disfuncionalidade inaceptable".
Escribe o teu comentario