​Lactalis retira lotes de leite en po e papillas para lactantes por casos de salmonelose

Os brotes apareceron en Francia, pero a empresa toma a medida en España por precaución.


|

Lechevaso



Lactalis decidiu retirar do mercado español 30 novos lotes das súas fórmulas de leite en po para lactantes, entre os que, nesta ocasión, inclúense ata 9 lotes de papillas Puleva Bebé de Cereais. Deste xeito, xa son 58 os lotes retirados en España como medida de precaución tras a aparición de varios casos de salmonella en Francia.


Segundo sinalaron nun comunicado, estes lotes son os que se viron afectados pola decisión da compañía de retirar todos os produtos fabricados na planta de Craon (Francia) desde o 15 de febreiro de 2017, "tras detectar unha posible contaminación leve difusa", aplicando así o principio de máxima precaución.


A compañía afirma que a contaminación se podería xerar por mor dunhas obras realizadas no primeiro semestre. Aos consumidores solicítalles que revisen o envase e, en caso de estar incluído na retirada, "deteñan o seu consumo e o substitúan por un produto sustitutivo recomendado polo seu pediatra ou farmacéutico".


OS 28 PRIMEIROS LOTES RETIRADOS


A primeira retirada preventiva foi o pasado 11 de decembro, cando informou da saída do mercado español de 28 lotes das súas fórmulas de leite en po para lactantes, neste caso tratábase como unha medida de preventiva ao ser fabricados na mesma liña de produción que os lotes das marcas francesas relacionadas coa aparición de casos de salmonelose en bebés no país galo.


relacionada UUAA ratifica a súa denuncia contra Lactalis por "apropiación indebida"
relacionada Lactalis pide que o Ministerio de Agricultura medie no seu caso con UUAA

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE