Afectarálle a crise do leite contaminado de Lactalis á planta de Vilalba?

Unións Agrarias alerta do "efecto comercial" que pode ter para a multinacional, que mantén un proceso xudicial con gandeiros galegos.


|

Lactalis boicotGandeiros galegos lanzaron varias campañas de boicot contra a multinacional.


O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, alertou este xoves do "efecto comercial" que pode ter sobre Lactalis a crise do leite contaminado.


García non cre que o que pasou coa planta francesa lle afecte á de Vilalba, aínda que avisou que, en función, de "como se resolva o procedemento vai haber un custo económico para o conxunto do grupo, pero dada a importancia e solvencia non vai ter apenas circunstancias na súa conta de resultados", estima.


"Supoño que terá un efecto comercial, aínda que destes procesos o que temos que sacar a conclusión é que aquí en España non hai partidas (contaminadas) que chegasen aquí e os controis sobre a alimentación humana funcionan ata o punto de que calquera problema que poida haber na fabricación se acaba detectando con rapidez", destacou.


PROCESO XUDICIAL


Con todo, García lembrou que "hai un proceso xudicial, onde declararon as distintas cadeas de distribución xunto con responsables de Unións Agrarias" no que lle piden a Lactalis "que indemnice os gandeiros con cinco millóns de euros" que calculan "que recibiu da distribución para darlles aos produtores e que a día de hoxe, dous anos despois, aínda non pagaron", abundou.


Isto conduciuno a censurar a "prepotencia" que advirte na multinacional francesa "de imposición unilateral" sobre os prezos do leite que se lles aboan aos gandeiros.


550.000 PRODUTOS RETIRADOS


Lactalis Nutrición Iberia, en coordinación coas autoridades francesas e españolas, retirou en España 550.000 unidades de produto da planta francesa que fabricou a leite contaminado e que, segundo informou a compañía, están a ser tratados por un xestor de residuos autorizado.


A empresa adoptou esta medida de maneira "voluntaria", e con "independencia da data de fabricación", co fin de facilitar o proceso global de retirada como consecuencia do "gran número" de lotes involucrados na mesma.


En España esta medida afecta as marcas 'Sanutri', 'Damira' e 'Puleva Bebe', así como a varios produtos para metabolopatías e a un módulo de nutrición a base de maltodextrina en po.


relacionada Lactalis, no punto de mira por novos casos de salmonelose
relacionada ​Lactalis retira lotes de leite en po e papillas para lactantes por casos de salmonelose
relacionada UUAA ratifica a súa denuncia contra Lactalis por "apropiación indebida"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE