​En Marea acusa a Feijóo de "exercer como xestor auxiliar" do "espolio de Audasa"

Antón Sánchez critica que a subida das peaxes na AP-9 compensa a "contabilidade ruinosa" doutras autoestradas, co "silencio cómplice" da Xunta.


|

Peaxe ap9Atasco nunha peaxe da AP-9.

Nun contexto no que a AP-9 vai quedar fóra dun posible pacto de Estado sobre autoestradas que impulsa Fomento para definir o futuro daquelas que finalizan nos próximos anos a concesión, as peaxes galegas seguen centrando o debate na nosa comunidade.


Ante a situación coa autoestrada galega, En Marea denuncia que o grupo empresarial propietario de Audasa "chucha dos beneficios" obtidos en Galicia "para sanear as súas contas e favorecer a venda do grupo".


E é que, tal e como explicou Antón Sánchez, na súa última emisión de débeda consta que "Audasa debia destinar o máximo beneficio posible ao pago de dividendos á sociedade propietaria", ENA- Itínere.


"Mentres, o silencio cómplice de Feijóo contribúe a manter esta lóxica depredadora", denuncia Antón Sánchez, para quen "tan escandaloso é o modelo de xestión do Grupo Itínere como a inacción política da Xunta de Galicia diante das malas prácticas e o espolio dos recursos xerados no noso país".


"Feijóo exerce como un xestor auxiliar de Itínere, rebaixa as condicións impostas á concesionaria, consente a perda de calidade e o aumento das peaxes, pon o espolio de Audasa e a depredación á que nos somete Itínere por encima dos intereses de Galicia", conclúe o viceportavoz de En Marea.


Na súa explicación, Antón Sánchez manifestou que "o botín conseguido en Galicia úsano para compensar os números vermellos nos resultados doutras concesións do grupo".


Tamén destacou os baixos cocientes de persoal xunto á precarización das condicións laborais dos traballadores, as reducidas dotacións para amortizacións e os "desorbitados" beneficios que xera a a AP-9. "Trátase de saquear a riqueza de Galicia con elevadísimas peaxes totalmente inxustificadas para parchear a mala xestión e a contabilidade ruinosa doutras concesionarias de ENA- Itínere pensando nunha futura venda do grupo", engadiu. 


relacionada ​Fomento propón un pacto de Estado sobre autoestradas de peaxe que deixa fóra a AP-9
relacionada ​As peaxes da AP-9 subirán outra vez para que o tramo entre Vigo e Redondela sexa gratis

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE