Xubilados e pensionistas concéntranse en defensa das pensións convocados pola CIG
Reclaman igualar as contías mínimas co salario mínimo interprofesional.
Imaxe dunha das mobilizacións. Foto: CIG
Xubilados e pensionistas convocados pola CIG concentráronse en distintas cidades galegas en defensa do sistema público de pensións e para denunciar o "exiguo" incremento do 0,25 por cento para este colectivo.
As concentracións celebráronse en Vigo, Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Ferrol en defensa, segundo o lema da convocatoria, do poder adquisitivo das pensións e o dereito a que as mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional.
No transcurso das protestas, entregouse nas distintas oficinas do INSS escritos dirixidos tanto á ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, como ao ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, rexeitando o "exiguo" incremento dun 0,25% na contía.
O escrito denuncia que se está contribuíndo "inxustamente" ao empobrecemento do colectivo pensionistas en Galicia. Neste sentido, asegura que coa "revalorización" do Goberno, ao termo do presente ano, este colectivo será "un 1,25% máis pobre".
Escribe o teu comentario