​Os eventos gastronómicos darán cabida a actividades que fomentan a reciclaxe

A Xunta promoverá a campaña 'Separar con xeito' en 350 feiras e eventos.


|

Colectores reciclaxe


A Consellería de Medio Ambiente, en colaboración con Ecoembes, levará a campaña 'Separar con xeito' a 350 feiras e eventos gastroculturales, co fin que fomentar prácticas responsables en torno ao reciclaxe de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón.


O punto de partida desta iniciativa será a feira Xantar, que se celebra a partir deste mércores e ata o domingo en Expourense.


Con esta acción, buscarase promover a economía circular a través da reciclaxe de envases e concienciar aos asistentes a este tipo de eventos sobre a importancia da reciclaxe dos envases que se depositan no colector amarelo (envases de plástico, latas e briks) e no colector azul (envases de papel e cartón) para o coidado do medio ambiente.


Ademais de instalarse puntos de reciclaxe para facilitar a correcta separación de residuos que se poidan xerar, realizaranse actividades formativas para que os asistentes coñezan a maneira máis fácil para facer unha correcta separación dos residuos.


Tamén se habilitou unha páxina web na que se pode consultar o calendario no que se recollen todos os eventos nos que terán lugar esta acción e a súa localización, así como consellos para reciclar.


relacionada Ecoembes recibe máis de 74 toneladas de embases de peregrinos e hospitaleros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE