Noriega reclámalle "lealdade" a Ethel Vázquez pola intermodal
O alcalde de Santiago repróchalle á conselleira que se comunique con el por carta, que "atrasa" as respostas
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, pediulle a Ethel Vázquez "un pouco de lealdade institucional" en relación aos accesos da futura estación intermodal, xa que o Concello de Santiago "está a facer o seu traballo" e non comprende que alguén "se preocupe" por cerciorarse de que isto sexa así.
A preguntas dos medios sobre o cruzamento de cartas coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, en relación a esta cuestión, Martiño Noriega asegurou que "sempre" estivo para "responder as chamadas" da conselleira no caso de que "tivese algunha preocupación", polo que non entende que agora as comunicacións se realicen por carta.
Así mesmo, o alcalde de Santiago explicou que a comunicación entre institucións por carta non é a máis efectiva, xa que "atrasa" a recepción da mensaxe e abre a porta a especulacións do "debate mediático".
Escribe o teu comentario