​Lara Méndez dá por aprobados os orzamentos

Tras non superar a moción de confianza, este domingo remata o prazo para presentar a moción de censura en Lugo.


|

LaramendezlugoalcaldesaA oposición non presentou moción de censura.


A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, dá por aprobados "inicialmente" os orzamentos do Concello, que ascenden a máis de 95 millóns de euros, un mes despois de que o pleno lle retrirase a confianza que vinculara á aprobación das contas municipais. Así, subliñou que o goberno local aspira a "ter un exercicio orzamentario para poder investir na cidade".


O pasado 27 de decembro celebrouse ese pleno, tras o que se abriu un mes de prazo para que a oposición puidese presentar unha moción de censura, prazo que vence o vindeiro domingo 28 de xaneiro.


En declaracións aos medios, Méndez asegurou que "unha vez que se aproben inicialmente publicarase no BOP (Boletín Oficial da Provincia) o prazo de alegacións, estimación ou desestimación".


En función das "alegacións", as contas poderían comezar a aplicarse a partir do próximo mes de febreiro, deixando atrás o pasado exercicio económico que estivo rexido por unha prórroga dos orzamentos. Méndez recoñeceu que "todo o que sexa atraso, é malo para a cidade de Lugo" porque xa levan "un atraso de máis dun ano".


"O feito de que en 2017 tivésemos que ir a unha prorroga, de non chegar a acordos cos distintos grupos a pesar de que parecía que si podiamos chegar a acordos, o feito de non chegar a eses acordos e ir a esa prorroga evidentemente significou un menor investimento", recoñeceu.


relacionada Lara Méndez e o seu equipo seguen "traballando con normalidade"
relacionada A alcaldesa Lara Méndez non teme a unha posible moción de censura
relacionada O pleno do Concello rexeita a cuestión de confianza a Lara Méndez

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE