Comeza un ciclo de charlas sobre a nova Lei de Benestar Animal
Terá lugar hoxe mesmo na capital galega ás 18,00 horas
Libera e a Fundación Franz Weber realizarán unha xira de charlas por diversos municipios galegos para dar a coñecer os aspectos "positivos" e "negativos" da nova Lei de Benestar Animal.
Nun comunicado, informan de que este ciclo comezará este luns, 22 de xaneiro, en Santiago (18,00 horas no Centro Sociocultural de Fontiñas), en colaboración co Concello.
Estas charlas, que se celebrarán co apoio das mareas, proseguirán en Vigo (23 de xaneiro), en Pontevedra (día 24) e en Lugo (día 25).
Os animalistas animan a participar e explican que nestas conferencias tratarase, por exemplo, como iniciar programas de xestión de colonias felinas ou como activar denuncias por cans encadeados, así como unha maior profundización na nova lei para concienciar sobre as ferramentas das que dispoñemos á hora de facer fronte a o malos tratos animais.
Escribe o teu comentario