Puigdemont, candidato á investidura a pesar da súa situación xudicial
A Fiscalía pídelle ao Supremo que reactive a euroorde de detención contra o ex president, que este luns está en Dinamarca.
O novo presidente do Parlament catalán anunciou que propón a Carles Puigdemont como candidato para presidir a Generalitat de Catalunya. Nunha comparecencia desde a Cámara -sen preguntas e lucindo lazo amarelo- Roger Torrent explicou que é consciente das dificultades que presenta esta investidura, pero defende que Puigdemont ten " abosluta lexitimidade" para volver ser presidente.
Tal e como informa Catalunyapress, Torrent explicou tamén que lle propuxo a Rajoy "unha reunión para falar da situación anómala e sobre que hai oito deputados que teñen alteradas a súa participación política".
Contra a decisión de propoñer a Puigdemont pesan varias advertencias: o Goberno central avisou de que, se se fai, prolongará o artigo 155; os letrados do Parlament considérano antirregulamentario e partidos do hemiciclo non descartan impugnalo.
ORDE DE DETENCIÓN
O xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena descartou reactivar a orde europea de detención contra Puigdemont en Dinamarca, como pedira esta mañá a Fiscalía.
No seu auto, sinala, con todo, que atopa razoable a solicitude. Con todo, se o maxistrado aceptase a petición, isto podería coverterse nunha vantaxe para Puigdemont. Como explica Catalunyapress, se o ex president é detido en Dinamarca e posto a disposición da xustiza danesa, podería solicitar delegar o seu voto na sesión de investidura.
Escribe o teu comentario