O avogado de Puigdemont ve improbable unha euroorden de detención

O defensor do expresidente de Cataluña sostén que Dinamarca non apoiaría esa medida.


|


PuideBruselas


O avogado Jaume Alonso-Cuevillas, que defende ao candidato de JxCat, Carles Puigdemont, sostivo que "é moi posible" que Dinamarca rexeite unha posible euroorden para deter a Puigdemont durante a súa viaxe a Copenhague este luns para asistir a un debate.


Este domingo o letrado admitiu que pode darse a circunstancia de que o Tribunal Supremo active unha euroorden e, de producirse ese escenario, hai un risco "bastante alto" de que Puigdemont sexa detido. Con todo, cre que a negativa de Dinamarca botaría por terra esa posibilidade.


Tamén asegurou que non lle consta que Puigdemont decidise se volverá a Cataluña e que todos os escenarios seguen abertos.


Amplía a información en CatalunyaPress.

relacionada ​A Fiscalía advirte de que a inmunidade non frea a orde de detención contra Puigdemont
relacionada ​ERC sostén que "o proceso debe seguir", con Puigdemont ou sen el

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE