A familia case desafiuzada defende a invalidez do aluguer

Presentaron a unha testemuña e diversa documentación que demostra que nin había recibos nin a vivenda estaba declarada


|

Desahucioscartel


Unha muller con dous fillos en risco de desafiuzamento en Ferrol alegou no xuízo a falta de lexitimidade  da denunciante á hora de alugar a vivenda. Doutra banda, a avogada da demandante solicitou o pago ou o desaloxo da vivenda antes de 15 de febreiro.


A demanda presentou no seu defensa a unha testemuña, propietaria do 10% da vivenda, e diversa documentación que á súa entender demostra a falta de lexitimidade da rentista para alugarlle a vivenda, ao estar aínda rexistrada a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), polo que non había recibos, nin estaba declarada.


MANIFESTACIÓNS EN FAVOR DA INQUILINA


En paralelo, integrantes da Plataforma de Afectos pola Hipoteca (PAH) de Ferrolterra e de Stop Desafiuzamentos concentráronse á entrada da sede xudicial ferrolá para demandar solucións ao seu caso.


A inquilina trasladou que a súa situación é "moi delicada". "Non teño onde ir nin onde acudir, xa que non hai resposta a pesar de ter menores en casa e nunha cidade onde non hai apenas traballo", relatou.


"Estou no paro e non percibo ningunha axuda", remarcou, referíndose á relación coa propietaria da vivenda como de "demasiado boa" nun principio. "Ela sempre me dicía que me esperaba, ata que me fixo isto", sinalou, en alusión á presentación da denuncia por falta de pagamento.


"Os PROBLEMAS NON SE SOLUCIONAN"


A muller tamén asegurou que solicitou unha axuda de emerxencia social ao Concello de Ferrol, manifestando que "non recibín resposta, xa que acudín ao traballador social que me corresponde, pero non obtiven resposta, porque non o temos agora mesmo", lembrando que foi "en decembro, por non estar ao tanto, cando acudía a solicitar a axuda da administración local".


O portavoz da Plataforma de Afectados pola Hipoteca na comarca de Ferrolterra, Ignacio Martínez, destacou que desde este colectivo son actualmente coñecedores de "ata dez casos destas mesmas características nesta zona" criticando que "a Xunta di ter ata doce medidas para paralizar os desafiuzamentos, pero os problemas non se solucionan".


O activista lembrou que "Ferrol é unha cidade libre de desafiuzamentos, pero todo queda para a galería. Con dúas mocións aprobadas en pleno por unanimidade, os grupos non son capaces nin de poñerse de acordo para poder substituír aos traballadores sociais cando están de baixa, de descanso ou de vacacións".


O portavoz da PAH incidiu que no caso concreto que se tratou nos xulgados de Ferrol este luns "non existe lexitimidade para o aluguer", xa que segundo manifestou "esta vivenda non se pode alugar porque existe documentación do Instituto Galego da Vivenda e Solo dicindo que non se pode realizar esta opción, por ser unha vivenda que foi comprada pero que non está rexistrada a nome da propietaria".


VERSIÓN MUNICIPAL


Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol, Saínza Ruíz (FeC), que tamén acudiu á concentración ás portas dos xulgados ferroláns, asegurou que a afectada "mañá mesmo podería ter prestacións do Concello, aínda que estas non solucionan o problema", xa que ao seu entender "nesta unidade familiar mantense no tempo unha inseguridade económica que non pode facer fronte a un aluguer".


Por iso, estimou a edil ferrolá que o que necesita esta familia é "un aluguer moito máis barato, que llo pode proporcionar a Xunta, que é a que ten as competencias en materia de vivenda segundo a lexislación actual".


relacionada Convocan unha protesta contra o desahucio dunha familia por impagos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE