​Os colapsos sanitarios, motivo de enfrontamento nos concellos

Na Coruña, Vigo e Ourense o poder local mostra preocupación pola situación dos seus hospitais.


|

Urxencias corredor CHUAC tw


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, trasladou á membros do colectivo SOS Sanidade Pública o "apoio da Corporación municipal" ás diferentes mobilizacións convocadas por este colectivo en defensa da sanidade pública o día 24 na Coruña e o 4 de febreiro en Santiago, segundo informa o goberno local.


Fíxoo nunha reunión celebrada no Palacio Municipal de María Pita. O obxectivo foi "abordar a situación dos servizos sanitarios na cidade", explica en referencia ás denuncias sobre os "colapsos" no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e a falta de persoal.


ATENCIÓN "DRAMÁTICA"


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este luns unha "reconsideración" da atención sanitaria na cidade, que cualificou como "dramática", e advertiu de que hai "indignación" entre os cidadáns, e unha gran "alarma social".


Así o manifestou o rexedor tras manter unha reunión con representantes comarcais e da área de Sanidade de CIG, CC.OO. e UXT, aos que trasladou o apoio do goberno municipal nas súas reivindicacións. "Compartimos a súa inmensa preocupación pola deficientísima atención nunha área de medio millón de persoas", proclamou.


Segundo apuntou, en Vigo conflúe o "erro histórico" de deseñar " mal" o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), cos "recortes" da Xunta en materia de sanidade, uns recortes que a cidade "padece de forma dramática".


Pola súa banda, os sindicatos trasladáronlle ao rexedor, no encontro mantido este luns, a súa preocupación pola situación da área sanitaria, e incidiron en que os problemas puntuais do pico de gripe puxeron ao descuberto "as vergoñas" da dita área. Segundo advertiron, a área sanitaria viguesa "ten unha patoloxía propia, que é a falta de recursos estruturais e humanos, tanto en atención especializada como en atención primaria".


PRECARIEDADE


O portavoz do PSOE no Concello de Ourense, Ángel Vázquez Barqueiro, esixiulle este luns ao alcalde Jesús Vázquez (PP) "que saia do seu retiro invernal" e se reúna de forma inmediata cos responsables do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e cos colectivos profesionais de sanidade para "buscar entre todos unha solución á precariedade do servizo sanitario na cidade".


A petición prodúcese tres días despois de que os traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) se manifestasen ás portas do centro sanitario por unha redución no número de camas, persoal e medios.


Pola súa banda, o alcalde de Ourense manifestou "non entender as críticas" dun partido que "durante oito anos" á fronte da cidade "non fixo nada e mirou para outro lado". Vázquez cominou ao portavoz socialista a acudir ao hospital para "ver" como "se están desenvolvendo obras e proxecto" que "foron solicitados polo alcalde".


relacionada Unha asociación sanitaria respóndelle a Feijóo: "Unha cama hospitalaria non é un moble"
relacionada ​O CHUAC, entre os hospitais españois máis saturados pola gripe
relacionada Profesionais sanitarios denuncian que "se traballa todo o ano en servizos mínimos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE