​Noriega pide que o novo cargo da Xunta para o Xacobeo "xere consenso"

"Non se entendería que houbese competencia entre as administracións para celebrar o 2021", remarca o alcalde.


|

Noriega feijoo


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, pediulle á Xunta que o director da comisión organizadora do Xacobeo 2021 sexa "un perfil que xere consenso" e que faga de "interlocutor" para "todas as administracións".


Así o expresou Noriega nunha rolda de prensa este venres na que asegurou que o seu goberno foi informado "pola prensa" sobre a creación desta "cara visible" da comisión organizadora do Ano Santo, que o alcalde "descoñecía".


O primeiro edil lembrou que o Consorcio de Santiago valorou asumir a organización pero que a Xunta tivo "a vontade de establecer unha coordinación na que estivesen presentes todas as administracións".


"Esperamos que sexa un espazo de coordinación real que nos permita coordinar esforzos económicos e non duplicalos", valorou Noriega, quen asegurou que é "moito mellor" que as actuacións en paralelo de 2010 que o Goberno autonómico tachou este xoves de "problemas de improvisación".


Neste sentido, o alcalde asegurou que o Consistorio ten "vontade de traballar" coa Xunta, xa que, nas súas palabras, "non se entendería que houbese competencia entre as administracións para celebrar o 2021".


Por último, chamou a atención sobre a "necesidade de non deixar de lado a gobernanza do turismo".


relacionada A Xunta crea un órgano por encima do Xacobeo para preparar o Ano Santo do 2021
relacionada Conta atrás para preparar o Xacobeo 2021, "o mellor da historia"
relacionada Noriega di que a taxa turística "é un debate que chegou para quedar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE