Conta atrás para preparar o Xacobeo 2021, "o mellor da historia"

A Xunta inicia os trámites para crear a comisión organizadora que coordinará as distintas administracións para que "ninguén vaia por libre".


|

Xacobeocaminho

Una comisión coordinará el trabajo de todas las administraciones.


O presidente da Xunta anunciou a creación da comisión organizadora para o Xacobeo 2021 co obxectivo de aproveitar os anos que faltan para a cita e lograr que o próximo Ano Santo sexa "o mellor da historia" de Galicia.


Ao termo do Consello da Xunta, o máximo mandatario autonómico explicou que se inician os trámites para que "no menor tempo posible" estea a funcionar este órgano que dará "estabilidade e permanencia" para preparar o Xacobeo traballando "de forma coordinada e conxunta".


En palabras de Feijóo, esta é "unha oportunidade histórica" que é necesario preparar "sen dilación" e, por iso, esta comisión aspira a coordinar o traballo das distintas administracións "para que ninguén vaia por libre". Entre os asuntos para abordar estará, por exemplo, a aprobación do plan estratéxico.


El mesmo presidirá esta comisión, na que participarán outros dirixentes do Goberno autonómico, entre outros membros. Ademais, o alcalde de Santiago ou "quen este designe" será "membro de pleno dereito", como titular da cidade na que desemboca o Camiño.

relacionada As melloras no Camiño na provincia de Pontevedra estarán listas para o Ano Xacobeo
relacionada Nava Castro presenta a folla de ruta do turismo galego de cara ao Xacobeo 2021
relacionada Galicia quere acadar en 2020 seis millóns de visitantes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE