O amorodo e o arando queren seguir o ronsel do kiwi

Galicia segue como líder en produción de kiwi en España, con 16 toneladas ao ano.


|

Kiwi


Galicia mantense como a principal área produtora de kiwi de España, con máis de 16 toneladas anuais cultivadas nunha superficie que rolda as 700 hectáreas, e un total de 87 explotacións que se dedican á produción tanto de kiwi como de amorodo e arando.


Así o comunicou este venres a Consellería do Medio Rural, que informou que do total de explotacións das que se ten constancia, 48 corresponden ao kiwi, seguidas de 27 de amorodo, e outras 12 de arando.


Por provincias, estas producións localízanse "claramente" na fachada atlántica, con case o 90 por cento do total, polas súas condicións climatolóxicas.


Así, na Coruña hai 39 cultivos e en Pontevedra 36, mentres que en Lugo hai 7 e en Ourense 5.


O caso do kiwi é "paradigmático" neste sentido, pois máis da metade das explotacións (27) están en Pontevedra e A Coruña suma 16, mentres que Lugo ten cinco e Ourense ningunha.


A Xunta, que lembrou que o cultivo de kiwi iniciouse en España en 1969, concretamente en Gondomar e Tui, manifestou que en Galicia hai dous organizacións profesionais de froitas e hortalizas (Horsal e Kiwi Atlántico) e no caso dos arandos destacou a explotación Horticina.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE