​A reconstrución que a Garda Civil fixo en agosto, clave para acurralar ao 'Chicle'

A saturación das antenas de telefonía móbil nas festas da Pobra provocaban dúbidas aos investigadores.


|

Chicle garda civil diana querO autor confeso do crime levou á Garda Civil ata o cadáver.


Un caso complexo coma o do crime de Diana Quer resólvese por detalles. Desde o principio, os investigadores centráronse en analizar os últimos movementos coñecidos da moza madrileña revelados polo rastro que foi deixando o seu móbil.


Pero a pista perdíase na ponte de Taragoña, onde sabían que chegara en coche. Os axentes cercaron entón a dous sospeitosos, un deles, o detido e autor confeso da morte de Diana Quer, Enrique Abuín, alcumado 'o Chicle'.


A traxectoria dos seus móbiles coinciden "plenamente', pero un problema no posicionamento das antenas de telefonía fai crer aos axentes que ambos saíran da Pobra por lugares distintos.


Un ano despois da desaparción, o 22 de agosto de 2017, co teléfono da moza xa desbloqueado, a Garda Civil realiza unha "reconstrución completa" nas mesmas condicións da noite da desaparición. Nas festas conseguen unha información esencial: a saturación das antenas pola cantidade de xente desvía algúns sinais, o que evidencia que o teléfono do 'Chicle' puido saír da Pobra polo mesmo lugar que o da moza e estreita o cerco sobre el.


Coñece máis claves deste caso na información de Catalunyapress.


relacionada O asasino confeso de Diana pode enfrontarse ata a prisión permanente
relacionada Os investigadores sabían desde novembro que 'o Chicle' matara a Diana Quer
relacionada Localizan o cadáver de Diana Quer nunha fábrica abandonada de Rianxo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE