​Noriega aposta en 2018 por aumentar a execución orzamentaria

|

Obras rúa


O rexedor compostelán, Martiño Noriega, fixo balance este venres do ano que chega á súa fin e que, ao seu xuízo, serviu para "consolidar o proxecto municipal" do goberno que dirixe, ao que ve "nun bo momento".


Este venres, a preguntas dos medios tras dar conta dos asuntos tratados na xunta de goberno, o primeiro edil de Santiago fixou como reto para o próximo ano aumentar a execución de obra pública e alcanzar "o máximo histórico" do concello neste ámbito, que se sitúa no 32 por cento, alcanzado co socialista Xosé Sánchez Bugallo.


Para iso, e a pesar de que a intención de Compostela Aberta era que os presupostos fosen aprobados antes de final de ano, Noriega confía en que as contas reciban o visto e prace do pleno da corporación local "na primeira quincena de xaneiro".


No seu balance do 2016, expresou que o goberno de Compostela Aberta vive "un bo momento" cun "relato afianzado" baseado no "aumento do investimento en política social", a "aposta pola cultura", a "rendición de contas" ou "a captación de fondos europeos".


Con todo, apuntou que a materia pendente do concello segue sendo a execución orzamentaria, polo que, en 2018, o goberno tratará de "mover a maquinaria municipal" para superar este "problema estrutural".


XUNTA DE GOBERNO


Na xunta de goberno deste venres, o Concello de Santiago deu luz verde á creación dun catálogo municipal de propietarios de edificios residenciais implicados en actuacións para a súa rehabilitación.


O obxectivo desta listaxe, denominada 'Limiar', é, segundo Noriega, contar cun catálogo "para poder ordenar as solicitudes" de rehabilitación de edificios, especialmente a aqueles situados no centro histórico.


Ademais, tamén foron aprobados os estudos de detalle das Áreas de Remodelación Integral (ARI) dos barrios de Vite e Pontepedriña, que establecen os criterios para a instalación de ascensores ou outras melloras na accesibilidade ou eficiencia enerxética.


relacionada ​A intermodal "coloca a capital no século XXI en materia de mobilidade"
relacionada Noriega decidirá no verán se repetir como candidato á alcaldía
relacionada ​A ampliación do Museo do Pobo Galego levará máis de dous anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress