Condenada a 30 anos de prisión a grapo galega que secuestrou a Publio Cordón

María Vitoria Gómez Méndez e José Antonio Ramón Teijelo foron condenados por delitos de “detención ilegal dentro dunha organización terrorista”.


|

Audiencia nacional


A Sección Terceira da Sala do Penal da Audiencia Nacional condenou a 30 anos de cárcere aos membros do grupo terrorista GRAPO José Antonio Ramón Teijelo e a galega María Vitoria Gómez Méndez, detidos polo secuestro do empresario Publio Cordón en 1995.


O tribunal considéralles “responsables dun delito de detención ilegal sen dar razón do paradoiro da vítima, labor dentro da actividade dunha organización terrorista”. Os xuíces explican que Teijelo e Gómez Méndez encargáronse de custodiar a vivenda da localidade francesa de Lyon onde permaneceu secuestrado o empresario algo menos dun mes.


Con todo, a Sala non ve elemento obxectivo algún que corrobore a acusación por homicidio, xa que a procura infrutuosa do cadáver de Cordón impide concluír que falecese da forma en que describiu Fernando Silva Sande, o 'grapo' que leva colaborando neste caso coa Garda Civil desde 2008.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE