A moza que mentiu sobre os abusos sexuais na Estrada enfróntase a unha multa

|

Discoteca lennon estradaExterior da discoteca. Foto: Street View


A moza que a pasada semana denunciou ser vítima de supostos abusos sexuais por parte dunha decena de mozos nas inmediacións dunha discoteca no municipio da Estrada afronta unha multa de seis a 12 meses, en caso de confirmarse que cometeu unha simulación de delito.


A falta de que o xulgado reciba o atestado, segundo trasladaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Garda Civil xa investiga á moza por simulación de delito, despois de que ela mesma desmentise este martes os feitos que narrara en días previos, actuación que xustificou en razóns de tipo persoal.


Se prospera a acusación, de acordo co artigo 457 do Código penal poderá ser condenada a pagar unha multa de seis a doce meses por "simular ser vítima dunha infracción penal ou denunciar unha inexistente, provocando actuacións procesuais".


"REFLEXIONAR TODOS"


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, apelou a "reflexionar todos" despois de que se confirmase que a moza de Vilagarcía confesou que eses feitos nunca sucederan.


En declaracións aos medios tras participar nun acto en Santiago, Villanueva dixo que "por unha banda" se sente "alegre de que non se producise" o abuso sexual en grupo, pero chamou a "meditar un pouco acerca da alarma que se xerou e a distracción de recursos", posto que a Garda Civil "tivo que estar a investigar uns días".


relacionada ​A moza que denunciou abusos na Estrada recoñece que era mentira
relacionada ​Investigan unha agresión sexual en grupo a unha moza na Estrada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress