O Dépor afronta "o partido máis importante do ano"
Fabian Schär afirma que saben da transcendencia do choque desde o inicio da tamporada, pero o factor campo xoga ao seu favor
Riazor é un plus a favor. Foto: RC Deportivo
Fabian Schär expresou este mércores que o vestiario é consciente desde o inicio da tempada da transcendencia do derbi desta fin de semana. "É o partido máis importante do ano para a nosa afección e para ir contentos ás vacacións", expresou, manifestando a disposición colectiva para loitar polos tres puntos.
Schär destacou que xogar en Riazor é un incentivo a favor do Dépor, e máis tras o xogo demostrado na casa nos últimos partidos, do que o central está satisfeito.
Sobre o rival, destaca que xoga "bo fútbol" e proba diso é o empate que os celestes conseguiron contra o Barça, ante o que o Dépor caeu goleado no último encontro. Por iso, Schär lembra que o Celta é máis que Iago Aspas, a pesar de que se trate dun "xogador importante, goleador".
Este mércores, os Riazor Blues despregaron unha pancarta coa intención de motivar o equipo na que se podía ler unha frase do alcalde vigués pronunciada cando inaugurou unha pantalla xigante: "Aquí poderemos ver o 0-3 do próximo derbi en Riazor".
"Obviamente queren transmitir a importancia que ten este partido para eles", valorou o xogador.
Escribe o teu comentario