A Iniciativa Lexislativa Popular ‘Cousa de Raices’ inicia a recollida de firmas

A proposta, na que se integran máis de 60 organizacións, busca levar ao Parlamento de Galicia o debate sobre a situación do medio rural e do problema forestal.


|

AdegaIncendiosOs representants de CIG, FRUGA e ADEGA respectivamente.


As máis de 60 organizacións que conforman a Iniciativa Lexislativa PopularCousa de raíces’ iniciaron a campaña de recollida de firmas coa que pretenden levar o debate da situación forestal e do medio rural ao Parlamento de Galicia. A plataforma ademais pretende que esta sexa a “proposta con máis apoios cidadáns da historia de Galicia” e que sirva para lograr “unha moratoria na plantación de eucaliptos, como se está facendo en Portugal”.


A recollida de firmas, que se estenderá ata o mes de marzo, encádrase na defensa do bosque autóctono, a racionalización dos usos do monte e a loita contra os incendios forestais. “Representamos un amplo espectro da sociedade rural galega que vemos que a xestión do monte xera problemas ambientais e económicos, polo que debemos reverter a actual situación do medio rural” manifestou o representante de ADEGA.


Por parte da ‘Federación Rural Galega’ (FRUGA) mostráronse “ comprometidos con esta iniciativa” porque consideran que a “desertización do medio rural está provocada polas políticas do Goberno de Galicia, e debemos poñerlle freo”. En datos, a FRUGA anunciou a desaparición entre 2013 e 2016 de 3.400 explotacións agrarias en Galicia e perdéronse 34.000 hectáreas de chan agrario útil. “É como dicir que cada ano pechan 500 explotacións leiteiras. Aínda que sexamos a principal potencia produtora no campo nacional das explotacións leiteiras, seguimos á cola á hora de cobrar ese traballo” lamentaba o portavoz de FERUGA, que tamén denunciou que esa terra abandonada estase forestando “con especies pirófitas”.


No caso de CIG apostan a través desta ILP por un modelo de monte “vivo e dinámico”. “Debe restablecerse a simbiose entre o monte galego e a cidadanía e loitar por non volver ver un monte convertido nunha polvoreira como no mes de outubro, e esta iniciativa pode loitar contra iso” anunciou a portavoz de CIG.


Un dos principais problemas que pretende abordar a iniciativa é a preocupante ecualiptización de Galicia. “O eucalipto cobre xa o 17% do territorio galego. É dicir: por cada 5m2 un é un eucalipto” denunciou a plataforma. As tres asociacións que representaban a plataforma na rolda de prensa sinalaron á papeleira Ence como a principal culpable desta eucaliptización do chan galego. “A relación de Ence co Partido Popular é manifesta. Non podemos esquecer que quen está sentado no consello de administración, exministros e exconsejeros de medio ambiente do PP” ademais de afirmar que as políticas forestais provocan o “engorde das contas de Ence”.


Sobre a redacción e aplicación do novo Plano Forestal no que está a traballar o goberno de Feijóo, a plataforma demandou que “non é suficiente para combater este problema contra esta especie invasora”. Ademais, tamén advertiu que as políticas do goberno do PP levadas ata a data estaban orientadas a “promover a desertización do medio rural”.


Tamén a plataforma demandou a entrada de novas especie de eucaliptos máis resistentes e que se adaptan a terreos nos que antes o eucalipto non arraigaba, todo iso para beneficio de Ence. Unha situación que beneficia a entrada desta planta en espazos naturais protexidos, algo que consideran “absurdo, como se está dando no parque natural das Fragas do Eume”. Á súa vez, tamén denunciou a aprobación da liberación da potencia do Goberno de Galicia que permite que calquera empresa que queira queimar madeira en ciclos curtos para xerar biomasa poida facelo sen límite de potencias. Doutra banda, admitiron que polo momento non mantiveron contactos cos grupos parlamentarios, pero que unha vez que obteñan o mínimo de firmas para poder tramitar a iniciativa empezarán a negociar cos partidos políticos. 

relacionada ADEGA critica os "parches" no "fracasado" modelo de Sogama
relacionada 'Amigos da Terra' levará a cabo actuacións de rexeneración de montes queimados en Ourense

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE