'Amigos da Terra' levará a cabo actuacións de rexeneración de montes queimados en Ourense
Consistirá na dispersión de palla en zonas sen cobertura vexetal e a construción de barreiras a partir de restos vexetais
Varios activistas de Amigos da Terra poñerán en práctica este domingo novas actuacións de rexeneración de montes queimados no municipio de Melón (Ourense), afectados polos incendios forestais.
As accións están destinadas a reter o chan fronte á erosión que poidan sufrir debido ás posibles choivas dos próximos meses, e consisten na dispersión de palla nas zonas que quedaron sen cobertura vexetal, xunto coa construción de barreiras a partir de restos vexetais en franxas perpendiculares á pendente en zonas próximas a ríos.
Con esta actividade, que se desenvolverá nos montes de Tourón, Amigos da Terra pretende ademais de contribuír a reducir os efectos dos lumes forestais, promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os "profundos cambios" na política forestal, para así reverter o problema incendiario.
Este tipo de actuacións, que empezaron o pasado domingo con actuacións en sete hectáreas, conta cun continxente de uns 30 participantes procedentes das catro provincias galegas, aínda que a maioría son de Ourense.
Escribe o teu comentario