​Vigo convértese durante tres días na "capital do universo friki"

|

Galician Freaky Filme Festival

Fotograma de 'El vater susurra'.


Vigo converterase o próximo fin de semana na "capital do universo friki" coa primeira edición do Galician Freaky Film Festival (GFFF), un certame audiovisual que dará comezo o xoves 21 no museo Marco.


O festival, organizado por Reencanto Produccións --promotores do Primavera do Cinema--, nace co obxectivo de dar visibilidade á cultura e audiovisual 'freak' con acento galego.


O horterismo e a estética dos anos 80 serán unha constante nos tres días do certame, que arrinca o día 21 nas inmediacións do museo Marco coa creación dun mural en directo que correrá a cargo Gonzalo Alonso.


A continuación, na sala Videodrome, está programada unha musicalización en directo de varias pezas do cinema mudo de Segundo de Chomón, que dará paso a unha sesión de curtos galegos, entre eles 'El vater susurra', un filme de Rafael Calvo protagonizado por Luís Tosar.


Outra das películas que se proxectarán no GFFF destaca 'L matanza caníbal de los garrulos lisérgicos', dirixida por Antonio Blanco e Ricardo Llovo cun elenco de actores no que figuran Manuel Manquiña, Juanillo Esteban, Julián Hernández, César Strawberry ou Teté Delgado.


Ademais, o Galician Freaky Film Festival tamén contará con actuacións musicais, que correrán a cargo de Mad Martín Trío na Sala Transilvania (venres 22) e Igmig na Mogambo (sábado 23).


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress