O Celta cae ante unha férrea defensa amarela
Dous paus e unha gran actuación de Asenjo na portería impediron o empate
Fonte: RC Celta
O Celta non puido superar en Balaídos a férrea muralla defensiva do Villareal que, tras anotar un gol no marcador, decidiu encerrarse en banda ata o último minuto. Dous paus e unha gran actuación de Asenjo na portería impediron o empate para o equipo vigués.
O partido dispuxo de igualdade entre ambos os contendentes, en ocasións sometido ao dominio dos celestes, ata a entrada do primeiro gol dez minutos antes do descanso: un tiro certeiro desde a área, cabeceado por Fornals ao aproveitar o fallo defensivo do Celta. Os de Unzúe marcháronse aos vestiarios por detrás no marcador, e como resposta saíu ao campo Emre Mor, que viña pedindo máis protagonismo durante a semana.
Disposto a pelexar ata o final, o turco pedía a pelota e buscaba o gol de forma desesperada, pero no seu lugar atopou o primeiro pau. O Celta dominou o partido de principio a fin, esgotando os cambios coa entrada de Radoja e Guidetti co fin de darlle a volta ao marcador.
Con todo, a defensa amarela foi impenetrable para o equipo vigués, que cedeu tres puntos a un Vilarreal vitorioso cun único gol no marcador. O Celta suma xa tres partidos sen gañar e desde o seu encontro no Camp Nou non puntúan; pero toca pasar páxina e centrarse no próximo derbi galego.
Escribe o teu comentario