Amnistía Internacional fai campaña contra as trabas de Finlandia ás persoas transxénero

O país nórdico esixe para o recoñecemento legal de cambio de xénero que a persoa sexa esterilizada.


|

Lgtbi amnistia internacionalAmnistía Internacional, no Orgullo LGTBI 2016. Foto: AI Vigo Facebook


Amnistía Internacional recolleu centos de firmas na mañá deste sábado en Vigo para axudar a Sakri Kupila na súa loita contra o seu país, Finlandia, onde a lexislación lle pon trabas á normalización da situación das persoas transxénero.


A campaña de Kupila aterrou este sábado na Rúa Princesa da cidade olívica, onde Amnistía recolleu máis dun cento de firmas que se sumarán á carta que a organización ten previsto enviar ao presidente de Finlandia para instar o mandatario a cambiar a lexislación do país.


Sakri Kupila é un estudante de Medicina de 21 anos que, cando era adolescente, deuse conta de que era transxénero. Con todo, denegóuselle o recoñecemento legal de cambio de xénero, xa que Kupila se negou a aceptar os requirimentos que esixe este proceso en Finlandia.


E é que, a lexislación finlandesa sobre recoñecemento legal da identidade de xénero esixe que a persoa debe ser maior de 18 anos, ter un diagnóstico psiquiátrico e que sexa esterilizada ou estéril.


relacionada Amnistía Internacional organiza un relatorio do fotoxoralista Belal Darder
relacionada Amnistía Internacional: "A crise do dereito á vivenda non rematou"
relacionada Amnistía Internacional recolle firmas polos seus membros detidos en Turquía

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE