Amnistía Internacional organiza un relatorio do fotoxoralista Belal Darder
O fotoxornalista e exiliado exipcio falará no salón de actos da Deputación de Lugo o luns 27 de novembro ás 20:00 horas.
Manifestantes exipcios.
Belal Darder é fotoxornalista e refuxiado. As súas experiencias e a súa obra son un reflexo da situación actual no norte de África. Acusado de "traizoar ao seu país" e condenado a 15 anos de cárcere por cubrir as protestas políticas que se viviron en Exipto, Darder ofrecerá o próximo luns 27 de novembro unha charla en Lugo, a partir das 20:00 horas no salón de actos da Deputación de Lugo.
Amnistía Internacional organiza esta relatorio, que vira en torno ao que está considerado como o fotógrafo máis novo en publicar na portada do xornal británico 'The Times'. Darder cubriu para distintas axencias de noticias internacionais a revolución de Exipto tras o golpe de estado de xullo de 2013. Por iso, foi xulgado 'in absentia', sen recibir ningunha notificación do proceso que se seguía na súa contra.
O 17 de xullo de 2015 recibiu o aviso dun avogado sobre a condena que se lle impuxo. Belal consultou aos seus letrados, que lle aconsellaron que saíse de Exipto inmediatamente antes de que o seu nome estivese rexistrado na lista de persoas con prohibición de viaxar. Na actualidade atópase acollido no Programa de Protección Temporal de Defensores dos Dereitos Humanos de Amnistía Internacional.
Escribe o teu comentario