Amnistía Internacional: "A crise do dereito á vivenda non rematou"
Este sábado, Día do Dereito á Vivenda, AI convoca unha protesta para denunciar que "se seguen producindo desafiuzamentos"
Activistas de Amnistía Internacional saen á rúa este sábado en Pontevedra (11,00 horas, Praza da Peregrina) para denunciar falta de medidas por parte da Xunta e o Goberno para protexer o dereito á vivenda.
O 11 de novembro é o Día do Dereito á Vivenda, nunha xornada na que Amnistía Internacional protestará no marco da campaña #NoSeVende. Neste sentido, denuncia que "se seguen producindo desafiuzamentos" e que "as persoas que sofren esta situacion necesitan de protección".
A portavoz de Amnistía Internacional Galicia, Margarita González, lamenta que "a crise do dereito á vivenda non terminou en España", de forma que "non só non se adoptaron as medidas para protexer máis persoas, senón que estas foron levadas a unha trampa de vivenda insegura, esquecendo que se trata dun dereito humano e non dun ben de investimento".
Respecto diso, esta entidade sostén que desde 2008 se iniciarion máis de 660.000 procesos de execución hipotecaria en España, mentres reprocha a Xunta e Goberno unha "falta" de investimento en recursos que "viola un dereito humano e deixa en situación de vulnerabilidade a miles de persoas".
Escribe o teu comentario