O 'cheque bebé' amplía as súas axudas ata os tres anos para as familias con menor renda

|


Cheque bebe


O envellecemento en Galicia foi e segue sendo un enorme problema do que a comunidade autónoma parece non desprenderse, e o seu Goberno procura contrarrestar a situación con distintas medidas e axudas públicas. Agora, a ‘Tarxeta Benvida’, o apoio económico para recentemente nacidos en Galicia, ampliará as súas funcionalidades ata os tres anos, pero a partir do segundo ano do bebé só as familias con menor renda económica poderán acceder a ela.


Alberto Núñez Feijoo xa comentara que a extensión da axuda só afectaría as rendas máis baixas, sendo o seu tope anual de 22.000 euros por familia. O primeiro ano do bebé, doutra banda, mantense exactamente igual: unha renda familiar de 45.000 euros ou menor (ou unha cifra inferior aos 13.500 euros en caso de renda pér capita) e un importe de 1.200 euros.


É a partir do segundo ano cando as esixencias do ‘cheque bebé’ aumentan, reservando os próximos dous anos para as familias máis desfavorecidas, cunha renda anual inferior aos 22.000 euros. En canto ao importe de este período de ampliación, variará en función do número de fillos que teña a familia. Para o primeiro fillo, será de 600 euros anuais (50 ao mes); para o segundo 1.200 euros (100 ao mes); e se é o caso, para o terceiro e sucesivos 2.400 euros (200 euros ao mes).


6.500 habitantes menos nos primeiros meses de 2017


Durante o primeiro semestre de 2017, Galicia perdeu ao redor de 6.500 habitantes, sen que os nacementos e unha migración de saldo positivo cheguen a compensar o elevado número de falecementos dunha envellecida poboación.


Envellecemento


A ampliación aos tres anos do chequé bebé, sobre a que o tempo se encargará de decidir se é efectiva ou suficiente, xorde como resposta aos alarmantes datos que proporciona o Instituto Nacional de Estatística. Isto sitúa a Galicia como a quinta Comunidade de todo o Estado en perda de poboación durante o primeiros seis meses do ano, superada por Castela e León (-50%), Estremadura (-0,43%), Asturias (-0,41%) e Castela-A Mancha (-0,30%).


Doutra banda, Galicia rexistrou máis defuncións que nacementos, de maneira que o saldo vexetativo é negativo en 7.942 persoas neste primeiro semestre do ano, conforme aos datos do INE. A poboación galega continúa caendo en picado, cada vez máis envellecida e cos seus consecuentes riscos económicos. O ‘chequé bebé’ é só una das múltiples medidas que o Goberno deberá tomar para reverter a situación e frear a negativa evolución demográfica.

relacionada O envellecemento do rural e o reto demográfico convértense nunha prioridade europea
relacionada A demografía galega segue sen mostrar signos de melloría

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress