A demografía galega segue sen mostrar signos de melloría

As estatísticas de 2016 confirman que a diferenza entre mortes e nacementos se agranda, sobre todo pola caída da natalidade.


|

BebenacimientosdemografiaGalicia leva 25 anos con máis defuncións que nacementos.

Os datos provisionais do Instituto Galego de Estatística sobre o movemento natural da poboación en 2016 ratifican o empeoramento do saldo vexetativo entre nacementos e mortes na comunidade.


En concreto, o número de defuncións o ano pasado foi 31.473, un valor moi similar ao rexistrado en 2015. Por outra banda, o número de nacementos segue o descenso iniciado no ano 2009 e sitúase en 2016 en 18.952.


A diminución dos nacementos acompañado dunha cifra similar nas defuncións provoca un novo incremento do saldo vexetativo en Galicia no último ano, que pasa de -12.057 en 2015 a -12.521 en 2016. Hai máis de 25 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo.


En detalle, o número de nacementos situouse en Galicia en 2016 en 18.952, un 2,5 por cento menos que os rexistrados en 2015. No período 2010-2016, todas as provincias presentan unha diminución do número de nacementos.


O 79,7 por cento dos nacementos de 2016 corresponden a nais con residencia nas provincias da Coruña e Pontevedra.


ATRASO NA IDADE DA NAI


Os datos dos nacementos segundo a idade da nai constatan o atraso na idade á que as mulleres galegas teñen os seus fillos. Así, en 2016 o 78,2 por cento dos nacementos en Galicia foron de nais de 30 ou máis anos de idade; mentres os nacementos nese grupo de idade representaban hai dez anos o 65,4 por cento.


No ano 2016, os nacementos de nais de 40 e máis anos representan xa o 10,2 por cento do total de nacementos, fronte ao 4,1 por cento de 2006.


Así, en Galicia o ano pasado o 76,3 por cento das mulleres e o 85,8 por cento dos homes tiñan 30 e máis anos. Hai dez anos, estas porcentaxes situábanse no 47,8 por cento e no 62,6 por cento respectivamente.

relacionada Galicia perdeu 9.495 habitantes en 2016, o sexto ano consecutivo de sangría demográfica
relacionada Galicia, á cabeza da sangría demográfica en España
relacionada O noroeste peninsular quere abordar de forma conxunta o reto demográfico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE