A Xunta ten 100 millóns da PAC deste ano pendentes de aboar ás granxas
Unións Agrarias asegura que os pagos están autorizados desde hai dúas semanas e esixe axilidade.
Tractorada en Viana do Bolo en setembro.
Unións Agrarias reclamou á Xunta que aboe os 100 millóns de euros pendentes de ser liberados ás explotacións galegas este ano.
Nun comunicado, o sindicato apunta que a Xunta conta coa autorización da oficina comunitaria desde o pasado 1 de decembro para facer eses pagos.
Así, considera que a libranza destes fondos "debe ser áxil" para que moitas familias do rural saian adiante nun ano con colleitas en sectores como viticultura e castaña, así como de pastos, que "se viron moi reducidas", unido a problemas como a seca e as xeadas.
"Os produtores galegos, a pesar de solicitar de modo desesperado as axudas directas que permite a lei, atopáronse cunha total cerrazón por parte de Medio Rural, que prefire negar a evidencia e seguir cunha política de propaganda", critica.
Escribe o teu comentario