O Dépor pecha o traspaso de Arribas ao Pumas de México

|

Alejandro arribas deporEn México falan de 3 millóns de euros. Foto: RC Deportivo


O Real Club Deportivo, o Club Universidad Nacional e Alejandro Arribas chegaron a un acordo para o traspaso do central madrileño ao conxunto mexicano tras as negociacións culminadas este venres. Desde México cifran a operación nun importe próximo aos tres millóns de euros.


Tal e como informa o Dépor na súa web, o traspaso só está pendente do recoñecemento médico que deberá pasar o futbolista á súa chegada a terras aztecas.


Ao tratarse da liga mexicana, o central non tivo que esperar a que se abra a xanela de traspasos en España e a súa saída foi inminente.


O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Alejandro Arribas, que chegou hai tres campañas ao Real Club Deportivo procedente do Sevilla FC, a súa profesionalidade, esforzo, entrega e dedicación durante este tempo defendendo #asnosascores, desexándolle os maiores éxitos na súa nova etapa profesional e persoal en México.


O central madrileño non atopou oco esta tempada nas formulacións de Pepe Mel nin de Cristóbal Parralo. Arribas tiña contrato por un ano e medio máis.


relacionada Arribas pode ser o primeiro en saír en xaneiro
relacionada Arribas e Andone reciben o perdón de Parralo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress