Standard & Poor’s eleva a cualificación a longo prazo de Endesa
A firma estadounidense de servizos financeiros eleva o grao da compañía española ao ‘BBB+’.
Logo de Endesa.
Standard & Poor’s elevou un chanzo a cualificación a longo prazo de Endesa, supono un cambio pasando do grao ‘BBB’ que tiña ata a data a ‘BBB+’, compartindo así o mesmo grao atribuído á economía Española.
A revisión da cualificación de risco da firma estadounidense supón unha boa noticia para a compañía electica e gasística, que mellora a súa imaxe para futuros investidores.
Doutra banda, segundo informou a Comisión Nacional do Mercado de Valores, S&P decidiu manter a cualificación crediticia a curto prazo de Endesa en 'A-2'.
Escribe o teu comentario