A central das Pontes alcanzou o 100% dos seus obxectivos ambientais de 2016

As instalacións de ciclo combinado de Endesa lograron o ano pasado a súa mellor produción do últimos seis.


|

Aspontesendesacentrallago


A central de ciclo combinado das Pontes alcanzou o 100% dos obxectivos ambientais que se marcou para o ano pasado, segundo informou a empresa nun comunicado.


A instalación de Endesa, tras a renovación da adhesión ao Rexistro de Sistemas de Xestión e Auditoría Ambiental EMAS, fai pública a Declaración Ambiental de 2016, un proceso que se realiza seguindo normas internacionais e baixo o control de AENOR.


No pasado exercicio, o ciclo combinado logrou a súa mellor produción do últimos seis anos, con 498.987 megawatts hora. A empresa resalta que "máis importante que a cantidade de enerxía eléctrica xerada son as condicións nas que a planta opera", posto que "é esencial para actuar como respaldo da eólica, porque a súa capacidade para entrar en produción nun prazo moi curto de tempo evita que o sistema se colapse polo carácter inestable e case impredicible dos parques".


Polo que atinxe ao consumo do gas natural que emprega como combustible, durante o 2016 alcanzou un rendemento medio anual do 51%, superior ao de anos anteriores, motivado fundamentalmente por un funcionamento a unhas cargas medias máis elevadas e á implementación de melloras destinadas ao incremento da eficiencia.


A dirección da central de ciclo combinado xa estableceu novos retos para este ano, entre os que destaca reducir nun 15% o tempo de arranque, gañar máis eficiencia na xestión de residuos e mellorar a impermeabilización dos cubetos de planta.

relacionada Arrinca nas Pontes a I Edición da Volta a España en vehículo eléctrico
relacionada A central das Pontes para quince días para unha revisión a fondo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE