As críticas polas adxudicacións a afíns da Marea vólvense contra o PP

O Pleno de A Coruña esíxelle aos populares "que rectifiquen e se desculpen pola campaña de desprestixio" lanzada.


|

Corunha gobernoEquipo de goberno local. Foto: Concello da Coruña


O Pleno municipal da Coruña aprobou unha moción que lle esixe ao PP "que rectifique e se desculpe pola campaña de desprestixio lanzada contra o goberno municipal e Proxecto Cárcere" no que alcanza ao proceso para a recuperación da antiga prisión provincial da cidade. A iniciativa foi presentada polo grupo de goberno e contou co seu voto favorable e o do BNG, ademais da abstención do grupo municipal do PSOE e o voto en contra do PP.


A moción lembra como o Concello da Coruña conseguiu o dereito de uso, con carácter gratuíto, sobre a antiga prisión provincial da Torre para dedicar o edificio a actividades culturais e usos sociocomunitarios.


A concelleira de Participación, Claudia Delso, indicou que este acordo "fixo posible, por fin, dar cumprimento a unha importante demanda veciñal, que foi liderada xa desde o ano 2011 por un grupo de cidadáns e cidadás que se organizaron ao redor da iniciativa Proxecto Cárcere, que tamén foi compartida e apoiada por anteriores corporacións municipais".


A moción explica que as bases da convocatoria pública foron correctamente publicitadas e unha comisión técnica, formada por tres funcionarios propuxo adxudicar a cesión de uso de espazos á entidade sen ánimo de lucro Asociación Sociocultural Proxecto Cárcere.


Desta asociacion forman parte persoas asinantes do manifesto da Marea, o que provocou o que a concelleira cualificou como "unha lamentable e deliberada campaña de acoso e desprestixio". "A pesar de coñecer en detalle e ter acceso directo ao expediente do concurso público, o PP acusou o goberno de facer unha adxudicación 'a dedo', e empregou información falsa, sabendo que o era, para tentar demostrar que o colectivo afín ao goberno municipal e que o procedemento de adxudicación, absolutamente exemplar, foi irregular", fixo notar.


Delso lembrou, ao fío, que o pasado novembro, "o PP foi un paso máis aló e editou un folleto, do que se distribuíron miles de copias por toda a cidade, cualificando de chiringuito o proceso e acusando o goberno local de regalar aos amigos un edificio público".


Por todo isto, e co apoio do Pleno, a moción do grupo de goberno esíxelle ao PP que rectifique e se desculpe, publicamente, "con todas as persoas que foron obxecto da súa campaña de desprestixio, especialmente cos funcionarios e as funcionarias do Concello, así como coas persoas que traballan desinteresadamente pola recuperación da antiga prisión provincial, pertencentes ou non a Proxecto Cárcere, relacionadas ou non do goberno municipal da Coruña".



relacionada Afíns á Marea conseguen a metade dos contratos menores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE